 |
 |
 |
 |
A.X. A eSMoRGa: aCóRDaSTe?? Contribución de KLaNDeSTiNo el Lunes, 09 marzo a las 16:03:38

A eSMoRGa comeza unha nova andaina fotográfica na que se reunirán fotos antigas de Noalla, tanto da xente como do pobo e pedimos a colaboración de todo o mundo que teña fotos con este perfil de búsqueda.
Esta actividade vai ser algo pioneiro en Noalla, pero antes queda un duro traballo, reunir fotos. Necesitamos a axuda de todo o pobo e que se teñen fotos na casa necesitámolas para escanear.
Como facelo é fácil. O que queira só ten que collelas fotos, metelas nun sobre ou en algo, e identificadas co nome de cada un e os datos das fotos. Despois só hai que levalas ó Café-Bar Nova Ponte (Major) e entregarllas ó taberneiro. Nuns días poderá pasar a recollelas sen problema.
Así de sinxelo, esta operación vai levar tempo pero despois xa veredes que pedazo exposición se vai facer na "casa das Canteiras". Vai ser algo memorable, e no que estamos seguros de que causará moita espectación e moita xente irá para ver as nosas raíces, para ver a historia deste gran pobo... NOALLA!!, como non!

Esperamos a vosa axuda!!
Un saudo!
Para + info:
aesmorga@noalla.com
www.noalla.com
| |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrese por favor |
|
|
|