 |
 |
 |
 |
Viernes, 04 abril a las 22:01:57
Bueno, en realidade non e tan novo xa, acordádesvos? Ainda que hai bastantes máis anos que revolotea na minha cabeza, publicouse na antiga versión desta páxina en outubro de 2004, non deixando indiferente a ninguén... Como ben lle gusta dicir a meu abuelo "ó final, todas veñen a min..., eh?" Parece que ata algún dos + críticos entende cada vez mellor o "mercado das relaciónsde parella" grazas a este novo e poémico sistema que gaña adeptos dia a dia...
Para os máis criticos dicirvos que no 2005 fixen o proxecto para rematar a carreira titulado: "A relacións de parella tradicionais. Un novo modeloeficiente" basado na Teoría Microeconómica" que lleda validez teórica o modelo cunhas preferencias determinadas como as miñas, así que, polo menos xa teño o respaldo do análise económico ortodoxo.

Enviado por Xcalib on 10/8/2004 18:35:15
Aquí tedes a tan esperada Teoría eficiente-liberal das relacións de parella. Non quedaredes indiferentes...
Non sei si hoxe e o día máis oportuno para redactar unha das teorías máis “revolucionarias” que revolotean da miña cabeza (non é a que máis, asegúrovolo). Tendo e conta de que estou escribindo en Santiago – fora do meu entorno habitual- e que levo a bordo 2 cervexas, xa non sei q pensar, pero certo é q me apetece publicalo. Debo advertir que o texto pode ferir a sensibilidade dalgunhas persoas extremadamente conservadoras, retrógradas ou alo menos non "relativistas", pero con non seguir lendo teñen o problema solucionado, así que despois q non me veñan con parvadas. Si, ese tipo dexente que ten "tempo libre" suficiente como para entreterse con parvadas de distinto calibre que unicamente levan a cortar a liberade dos demáis, nun intento cada vez maís infructuoso (menos mal) por facer extensiva a sua fustración interna (o q é o non ter q facer...)
O tema e complexo e certamente non sei por onde empezar, o meu obxectivo non e outro que publicar a miña teoría respecto o sistema a seguir nunha relación de parella, sen ánimo de convencer a ninguén, que ninguén se equivoque (alá cada un coa súa elección), pero sí con interés de que se me entenda o tema, polo menos a esencia. Ben sei q hai xente q non está preparada para escoitar estas cousas... como dixen antes, pero solo pretendo abrir as posibilidades para q cada un poida valorar elixir libremente fora da idea pre-establecida polo sistema, maioritariamente seguida, dito sea de paso.
He aquí,un breve pero indispensable inciso, para advertirlle o lector menos avezado que a maioria non leva razón polo simple feito de selo; a maioria o unico que consigue e que en caso de decisión colectiva se execute o que ela promulga. A Razón e relativa, as preferencias internas de cada individuo, e así se debe entender (xa vos explicarei todo esto nunha próxima "Teoría da Relatividade"). Tendo esto claro, avanzamos...
Para comezar vouvos describir un pouco o que eu denomino “SISTEMA CLASICO” polo que se rixe a inmensa maioría da xente. A grandes rasgos podo dicir, sin temor a equivocarme, que este sistema básase en determinados pilares xerais (independientemente das particularidades de cada unha, temos que facer xeralizacións para proceder o analise, ainda que o q escribe sexa pouco amigo delas) como son os seguintes: enamoramento eterno, perdurabilidade do amor, fidelidade, confianza, proxecton común,etc... neste sistema no que nos intentan involucrar dende pequenos (eu fun o primeiro) dende tódolos ámbitos da sociedade, entendase: familia, iglesia, entorno social... eu atopo grandes erros/ineficiencias que vou a comentar a continuación.
O primeiro e fundamental (a pesar de que moitas persoas non o queiran ver, alá elas...) e entender que o home (no significado amplio da palabra: home muller) e un ser “PROMISCUO POR NATUREZA” (derivada naturalmente da busqueda da perdurabilidade da especie - como se estipula na "Teoría do Xen Dominante", aceptada cientificamente), é "ANIMAL" (guiase por instinctos) é "CONSUMISTA" hábidos de NOVAS sensacións e experiencias que colmen a súa ansia de busqueda da FELICIDADE (estado de por si utópico e inexistente, como xa advertiu o prestixiado Sigmun Freud na sua obra. Dita promiscuidade non quero q se entenda que significa que necesita un gran frecuencia de relacions sexuais, senon q necesita “cambiar de bicicleta” (ainda q sexa vella e menos vistosa), explicome (dicir aquí que ninguen se me ofenda que todos entendemos o q é unha metáfora, non?). Sí, un home necesita por natureza cambiar de muller, sínteo así. As mulleres idem.
Elo, non quere dicir que engañe á súa parella, senón que moitas veces reprime eses instintos naturais en prol do “pacto” que refendou o escoller seguir o sistema clásico.
Outras moitas veces si o fai e vai de “clubes” por ahí, pero iso algunhas mulleres non o entenden como engano, e xa non toquemos o tema da masturbación ¿son ou non son cornos? En fin...
Por outra banda, sinalar que eu non creo na existencia do amor perdurable para toda a vida, pois dita afirmación é do todo incoherente. Entedo o tema do enamoramento (= enconamento en jallejo), eu son un enconadizo de primeira, pero dito estado non é perdurable por definición... é un Estado de Shock emocional que che modifica a escala de valores temporalmente, e faiche ver todo rosa (máis ou menos coma unha droga) pero nun prazo máis ou menos longo de tempo (depende de cada individuo, volvese a normalidade, quedando, no mellor dos casos: o cariño, a confianza, o aprecio, a rutina/normalidade... e nos peores: a indiferencia e o ódio.
O enamoramento da paso a unha fase de estabilidade emocional si todo vai avante ou a rotura da relación si todo se torce cando t das conta de que mexa e bota peidos, suda, cheiranlle os pés, ten mala ostía e ata non e tan juapa como che parecia. En definitiva todo sigue igual o unico que cambia e a nosa percepción relativa, xa non vista a través do prisma tesxiversador do amor.
O tema da confianza eu entendoo como necesario, pero non nos extremos que se siguen no sistema clasico. A confianza é fundamental nunha relación de parella, pero no sistema clásico está basada na inseguridade dos individuos da parella que necesitan ter “asegurada” dita confianza para toda a vida... como un traballo e unha familia, non vaia a ser qe se acabe o mundo. Cando se proclama o amor para toda a vida, xa se está faltando a realidade, porque ti non lle podes dicir a ninguen por moito q o queras nun momento determinado de tempo q o vas a qerer toda a vida, é incoherente, ou acaso algún de vos manda controla os seus sentimentos? Hermanos, si se puideran controlar o mundo tiña un 80% dos seus problemas arreglados, pero non e o caso, non.
Supoño q o sistema clásico ten as suas vantaxes, eu non llas vexo dende logo, pero si algún me quere sinalar algunha ademáis das do dereito a pension de viudedade (¿que triste...) que me abra os ollos pq eu non vexo máis, e q conste q o pensei,eh? Microeconomicamente diriamos: que as miñas preferencias son diferentes. Ainda sí, manteño o reto persoal que lle suelo plantexar os máis agnósticos: dame 3 vantaxes da Relación de Parella tradicional (a parte da pensión de viudedade, carente na actualidade de toda lóxica e cuai desaparición espero asistir en vida) e convirtome... Ainda estou esperando por elas...
Ajora vou a pasar a expoñervos o meu sistema que fun madurando a expensas dunha mentalidade aberta e optimizadora. Invitovos a q intentedes entender o q vou a expoñer e reflexionedes por vos mesmos, alienandovos do marco social e da educacón q recibichedes, pois sólo así poderedes chegar a entendelas e a analizala como tal.
O SISTEMA EFICIENTE, como o clásico, basase en determinados pilares, pero son antagonicos: a LIBERADE individual e sexual (non implica infidelidade), a RACIONALIDADE (como ía faltar...) a SEGURIDADE en si mesmo dos individuos, a confianza, a natureza promiscúa intrínseca o home e a busqeda da REALIZACION sentimental persoal en busqueda da maximización do benestar indivudual, que si somos sinceros con nos mesmos, e o q o fin e o cabo buscamos.

Ajora a ver si desenrrolo estes temas... hmm, o da confianza plena nun mesmo e fundamental, o máis importante sen dúbida. Só se ti confias cegamente en ti e tes unha mentalidade aberta e liberal poderás ser consecuente co sistema.
Como xa dixen antes este basease na MAXIMIZACIÓN do benestar persoal e elo só é posible conseguilo (ou intentalo) se cada un fai o que lle apetece (o que lle dictan os seus gusto e prefrencias fielemente) renunciando o minimo posible por estar con quen está convivindo, pois ahí reside un dos gran inconvintes do clásico, que os individuos renuncian a moitas cousas, e unha delas (das máis importantes) e a renuncia explícita de coñecer libremente a outras persoas (sí, incluimos as relacións sexuais, claro). Este e un factor determinante, e no sistema clásico os q o seguen son un reprimidos, pois os instintos teñenos e reprímenos polo compromiso adoptado e os q non o seguen están transgredindo o contrato clásico e polo tanto están fora del e engañando a outra parte q pode estar seguindoo a raxatabla... é eiqui onde nace a "fauna de jilipollas" nesta, inclúense todas aquelas persoasque reprimen o seu instinctos, gustos e preferencias para que o outro fagao mesmo - ainda non entendo moi ben porque - e o final e o único que o fai... quedando como un/unha jilipollas
Seguindo o meu sistema, disfruto con total liberdade da miña individualidade, si me apetece quedar ou acostarme con outra persoa tería total liberdade de facelo pois eló está implicito no sistema eficiente, cada un ten vivir a súa sentimentalidade e sexualidade, ninguén ten o suficiente mérito como para renunciar a coñecer e disfrutar das demáis persoas do mundo, ou detelo teríaque xurdir dedentro de un mesmo, un sentimento, non un acordo, sexa este tácito ou expreso. Tranquilas as feministas, que a parella que está convivindo comigo ten o mesmo dereito, faltaría máis.
Con todo isto, non quero dicir q si vexo a rapaza q está vivindo comigo con outro, ou sei q se está acostando non el, non me moleste (xa dixen antes q ninguén pode controlar os sentimentos), pero si vos podo dicir que o feito de eu non renunciar a nada e disfrutar da miña liberdade individal plena toda a miña vida, esa satisfacción, supera e con creces o q pode chegar a molestarme o outro, entendedes o que qero dicir? E diredes vos: “mimá, estaredesvos poñendo os cornos e tan tranquilos?!” e eu contestovos, NON son cornos, os cornos levan implicito o engaño, é o q realemnte molesta máis, que un qede como jilipollas seguindo a fidelidade pactada e o outro transgredindoa. O sistema eficinete GARANTIZAVOS a ausencia de cornos de por vida (canto vale iso?)
E diredes vos: mimá,e se lle gusta + a outra persoa?”, pois está claro non, si lle mola áis a outra non quere dicir q ti lle moles menos, senon q simplemente a outra lle mola máis e o normal e q poida disfrutar con ela o q considere oportuno, (e o mesmo eu, claro). Se iso acontecese unha parte da parella melloraría e a outra permanecería igual, pois podería disfrutar da outra persoa cando ambos estivesen de acordo. E non pasa nada, si estaba vivindo contijo e vai vivir co outro, ti alegraríaste porque a qeres ben e queres q sexa feliz e a felicidade reside na Maximiacion do benestar persoal de cada un, ou, polo menos iso creo eu.
En fin, a grandes rasgos esta e a miña teoría q intentei plasmarvos o máis fielmente posible, ainda q teño q recoñecer q non me qedou tan redonda como teño asentada na cabeza. Si algún quere aclarar algunhas ideas podemos falar do tema, que xa sabedes q comijo pódese falar de todo.
NOTA: Os que queirades botarlle un vistazo o Proxecto fin de Carreira, INCLUÍDA TI CLAU! so tedes que FACER CLICK AQUI aindaque vos advirto de que son casi 40 páxinas bastante densas, eh?
"Portádevos mal!"
| |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrese por favor |
|
|
|