 |
 |
 |
 |
Sábado, 12 noviembre a las 11:07:57
A Asociación Xuvenil A eSMoRGa quere sair o paso dos distintos rumores e comentarios que se están vertendo dende distintas esferas o respecto de supostas descalificacións feitas ó Alcalde durante a celebración dos Concertos NoallaViva! o pasado día 21 de Outubro.
1º: A eSMoRGa non ten consciencia de que tales descalificacións foran realizadas en ningún momento.
2º: A eSMoRGa, como entidade xurídica que é, non ten interese nin motivo algún en descalificar ou propiciar descalificacións ó Alcalde nin a ningún membro da Corporación Municipal. Si acaso, agradecerlle a súa colaboración no montaxe do escenario que albergou o evento.
3º: De ser certas as supostas descalificacións, en ningún caso serían responsabilidade da Asociación, pois pola súa calidade de entidade organizadora non é responsable das opinións vertidas polos invitados.
4º: A eSMoRGa non entende a que obedece o interés desestabilizador e malintencionador destes rumores e aclara que estatutariamente ten un "carácter marcadamente apolítico" e ideolóxicamente plural e liberal.
5º: A eSMoRGa reclama respecto os case 70 asociad@s como persoas individuais, repecto a Asociación como entidade prestadora de servicios a Xuventude, e respecto as máis de 500 persoas asistintes a "NoallaViva!" que non teñen que verse salpicadas polas acusacións carentes de xustificación algunha.
6º: A eSMoRGa esixe que os comentarios que implican a Asociación cesen de inmediato, e invita os "promulgadores" da conspiración que traballen positiva e efectivamente a prol da Xuventude.
7º: A eSMoRGa quere aproveitar a ocasión para agradecer os numerosos apoios, tanto personais como institucionais, que recibe pola súa labor coa Xuventude de Sanxenxo, e solicitar un maior apoio as Institucións Locais e Provincias as actividades que realiza.
Esperando que esta comunicación sirva como punto final á polémica suscitada, comunicamos que a eSMoRGa da por suficientemente aclarado o tema ós efectos oportunos.
| |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrese por favor |
|
|
|