![]() |
![]() ![]() |
![]() | |||||
|
|
Dende hai un tempo retomouse un proxecto arqueolóxico de indubidable valor para o noso benquerido pobo. Estase volvendo a traballar no Castro da Lanzada, do que todos temos oido falar os nosos vellos e que xa case tiñemos credo de que era outra das moitas lendas que nos teñen feito crer (como a da Loca de Arra, acordádesvos como corriamos a agocharnos, sen perder coidado de deixar todo ben pechado?) Para estares actualizado de como vai o tema, pinchade na foto e non perdades detalle. Gran parte da Istoria do noso pobo, da comarca e de Galiza pode atoparse cifrado nel. ![]() TÓDOLOS XOVES POLA TARDE: CHARLAS EXPLICATIVAS NA CASA FORESTAL (Polo menos ate que o Chichí se lle cruce o cable e...) Como diriamos na eSMoRGa: aCoDiDe ToDoS!: "Un pobo tn que ser consciente das súas raices, saber de onde ven, para darse de conta onde está, e decidir a onde quere ir".
![]()
Jueves, 08 octubre a las 23:40:42 Outro ano +, e outra vez o ToBo volve á festa da Lanzada, e como non, triunfamos + co ano anterior, con moitas novidades, con + xente, e moita + diversión para os seus asistentes, miren as fotos e disfruten ;-)
Jueves, 08 octubre a las 23:39:40 Como non! A eSMoRGa unha vez + aventurouse nun dos grandes concertos do ano e se cadra da década no Monte do Gozo (Santiago de Compostela), e claro, de categoría tiña que ser, o sr. Bruce Springsteen deleitounos dun grandísimo espectáculo e no que a astuacia noallesa nos levou a entrar no concerto de GRATIS!!. As fotos non teñen desperdicio ;)
Jueves, 08 octubre a las 23:38:39 Grande concerto realizado pola Asociación Xuvenil "A eSMoRGa" no campo ideal de caliquer festa, A CaRBaLLeiRa. Grandes actuacións, grande espectáculo e grande ambiente cunha asistencia de 500 persoas aprox., GRANDE, MOI GRANDE xD
Martes, 15 septiembre a las 01:40:27 El Gobierno contrata la regeneración de la playa de A Lanzada por 1,5 millones de euros
Como non? Non podíamos deixar de rendirlle unha homenaxe o coñecido artista-personaxe noallés que leva anos intentando promocionarse como cantante espectáculo... aquí tedes 2 mostras da súa arte:
Streaptese Fin de ano 2009 PD: Contratacións "Cafetería Casalote" A Revolta - Noalla (Estará por alí gorroneando un café e un pitillo. Non llo negues, temos que apoiar os novos valores noalleses!!)
Jueves, 23 julio a las 21:09:22 Para todos aqueles que vos quedarades con gañas de mais festa, o venres 24 e mais o sabado 25 (dia da Patria Galega) poderedes sequir a festa en compostela no Festigal 09.
Pois sí rapaces, aquí me tedes unha vez máis, presentándovos un novo proxecto persoal, esta vez de carácter empresarial: o Hotel Rural Noalla. Culminado o proxecto a través da nosa empresa familiar Solega, S.L., xa se atopa operativo. A idea: mini-hotel galego metrorural, no que se conxugue tradición e modernidade de xeito armónico. Esperamos conseguilo.
![]() www.hotelnoalla.com
Miércoles, 20 mayo a las 00:15:29 Eu son Daniel Prieto Rodriguez, coñecido por Danilo, e aqui vos quero ensinar e explicar como vou intentar converter o entretemento dun cativo no meu medio de vida.
![]()
Lunes, 09 marzo a las 16:03:38 ![]() A eSMoRGa comeza unha nova andaina fotográfica na que se reunirán fotos antigas de Noalla, tanto da xente como do pobo e pedimos a colaboración de todo o mundo que teña fotos con este perfil de búsqueda.
Lunes, 09 marzo a las 16:02:50 ![]() Como nooon! os esmorguistas que somos un frikis das novas tecnoloxías presentámosvos o novo espazo que dispón a A eSMoRGa para interactuar con todos vós!
Jueves, 05 marzo a las 01:06:31 ![]() Ahí o vai voando o cormorán! Jajaja, o paxaro negro vai voltar a lucir o seu mellor aspecto!! A asociación xuvenil "A eSMoRGa" rexuvenecerá o paxaro negro, aPúNTaSTe?
Domingo, 22 febrero a las 20:52:24 ![]() O carnaval, pa min posiblemente a mellor época do ano! Si, época ideal pa liberar a tua mente e disfrutar das trouladas q podes facer detras dunha simple careta!...
Miércoles, 18 febrero a las 23:50:38 ![]() Pois ahí o tedes, o"BoSS" na Galiza!!, ahora xa non hai escusa de que sempre que ven a España toca na casa da collona!
![]()
Lunes, 26 enero a las 01:02:08 ![]() Boas novas para aventureiros, Mañá abrese o prazo para a solicitude de prazas do programa PRIMAVERA-ACTIVA para as fins de semanas de marzo, abril e maio. Botadelle unha ollada a web e escollede a vosa!
Martes, 13 enero a las 18:05:42
![]()
![]() Acabamos de pechar un ano e típico é destas datas facer resumos, listaxes, clasificacións, etc. Eu non son moi aigo delas, pero o tempo libre e un gran instigador destas devantitas frikadas, polo que a continuación vou facer a lista do que para min foron as 3 mellores compras que fixen durante o 2008, esperando que o voso tempo libre vos instigue a compartir as vosas con todos nos NOTA: Artigo e comentarios só visible para usuarios rexistrados.
Viernes, 09 enero a las 17:21:19 ![]() Si Si Si, o FReNTe NoaLLéS xa está aqui rapaces!! Este domingo 11 no campo da LaNZaDa aReNa nun gran partido, DERBI LOKAL contra o Dena!!
![]()
![]() Puxécheste a pensar algunha vez... si tiveras un sacho ben afiado, moitas janas de cavar, che dese un "arrebato" por poñerte a elo e non te cansarses nunca, onde salirías? A resposta e Cobden (New Zaeland) a ANTIPODA NOALLESA! Alí os Cobdenses (si se chaman así, fan a sua vida totalmente do revés - literalmente- ós Noalleses)
![]() Viña eu cara Galicia a tarde desta pasada noiteboa, 110% morriñento (todo hai que dicilo), cunhas janas de chejar a casa que nin Diós, medio cabreado coa puta radio que non daba sintonizado en toda a puta viaxe pola meseta nada diferente a radio nacional 5 - todo noticias (ainda retumba a sua sintonia na miña cachola). Pasando Ourense sintoniceille a radio jalleja, eran as 19:05 e empeceille a escoitar un programa que se chama "Aberto por Reformas"... Resultou o mellor do que eu escoitei en todo o puto ano!
Martes, 16 diciembre a las 15:01:39
![]() Pois SÍ rapaces A eSMoRGa volve a acción, e que mellor que despedilo ano 2008 cunha escapada a neve ás montañas astur-leonesas unha boa panda de amigos a algunha casa rural. Creo que é unha experiencia única e a baixo custo e para moitos dos que se apunten vai ser a primeira vez ou que vaian coa eSMoRGa de fin de semana ou que vaian a neve, asique espero que se anime moita xente.
Miércoles, 26 noviembre a las 00:42:57 ![]() Hola son eu. jeje. Querovos incitar a que veñades xa que raptarvos sería imposible porque somos moitos... Unha saída a neve e unha esperiencia de condución subindo as estacións, convivencia: xa que nos gusta coller albergues no que ven xente de todos lados, os albergues son moi bonitos e enxebres porque son escuelas restauradas ou casas grandes, ali ai un local social que ven sendo a zona de ócio no que se fan actividades diversas con todos do albergue que asistan e fas amizades. Despois dun relax toca durmir para poder levantarse o dia seguinte ben e con ganas de baixar por esas montañas de algodón. E un encanto pero tamen pode ser perigoso, non me refiro as caídas porque non doen, senón cando che toca un dia de sol e te queima. Eu queimeime e non me gustou nada, posto que queimei o sol e tamen os ollos, unha semaniña na casa a oscuras e botandolle de todo. Pero repito con precaución non ai problema. Acodide e cambiade de aires que chegaremos vivos a casa.un saúdo.
Viernes, 21 noviembre a las 17:05:03 Ai xa algún tempo enviara a paxina vella un comentario sobre a aparición de pequenos focos con lixo no Monte de Faro. Pois hoxe gustaríame expresar o meu gran malestar por que estas concentracións de lixo , lexos de desaparecer, acabaron por dexenerar na aparición de un vertedoiro ( no cal xa debe haber unhas cantas toneladas de lixo ) situado na ponte que ai sobre a vía rápida no medio de Monte Faro.
Jueves, 20 noviembre a las 01:46:29 ![]() A eSMoRGa pon ó alcance dos socios e non socios unha dirección de correo electrónica para facer consultas, pedir información, resolver as vosas inquedanzas, aportar ideas que poidan servir para mellorar o aspecto do lokal ou para realizar futuras actividades, e sen dúbida para atender algunha queixa, que poida haber.
Domingo, 16 noviembre a las 14:34:36 ![]()
  |
| | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
